^O Reino das Tebras^
Basado no servidor Smaug1.8b de "Realms Of Despair"
Benvid@s inmortais do ^Reino das Tebras^, podedes visitarnos na páxina principal de Kallaikia, esta é a primeira xeneración deste novo MUD completamente en Galego, basado no Comic Book Kallaikia e nacido a partir do servidor Smaug 1.8b creado para Realms Of Despair por Thorin, escrito en linguaxe C# e liberado baxo licencia GNU GPL v2.
Esta páxina está adicada ampliar a información proporcionada polos inmortais desarrolladores e colaboradores de Kallaikia para todos os lectores do comic e usuarios do xogo.
Podes ver máis información sobre como conectar e xogar libremente no Wiki de Kallaikia
A dirección para conectar a Kallaikia con telnet
ou calquera Cliente de MUD é:
O obxetivo principal é crear un mundo virtual que transcorre na antiga Galiza Castrexa, onde deuses, inmortais, druidas, guerreiros, cazadores, curandeiros, arqueiros, demos, anxos, magos e demáis seres conviven, loitan e disfrutan do encanto das nosas fermosas terras e rías en Kallaikia.
Orixinalmente o mundo está en Galego, pero calquera outro idioma terá cabida nos reinos de Kallaikia Online
Os inmortais de Kallaikia Online, deben rexirse polas seguintes normas:
Pódese revisar a última versión estable liberada de Kallaikia
Pódese revisar a última versión inestable de Kallaikia
Animámovos a tod@s a participar de algun xeito co reino de Kallaikia, non se precisan coñecementos de programación, as formas das que podes contribuir son as seguintes:
Se desexas máis información sobre os xeitos nos que podes contribuir con Kallaikia Online vísita o Plan de Proxecto para Inmortais.
A historia de Kallaikia está basada en dóus puntos fundamentáis deste libro nos que se fala dos Celtas Galéligos que habitaban o Noroeste da Península Ibérica.
Neste libro, segundo libro do Leabhar Ghabhala, sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod (Torre de Babel en Mesopotamia). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo tras o colapso da torre. Este únese a Scota, filla do Faraón Cingris de Exipto e tras unha revolta, posiblemente a xerada nos tempos de Moisés (aproximadamente no século XII a.C.) a cal provoca o éxodo do pobo xudeu xunto con nobres. Inician un éxodo de catrocentos corenta e catro anos a través das ribeiras do Mediterráneo, con unha flota de corenta barcos e portando xunto con eles a Pedra de Xacob. Ao final un dos seus descendentes chamado Brath chega a península Ibérica, onde se asenta despois de varias loitas contra das tribos locais. Brath fillo de Death, tivo un fillo na península chamado Breogán, funda alí a cidade de Brigantia e en ela constrúe unha torre dende a que o seu fillo Ith puido ver Irlanda. Dez fillos tivo Breogán nas terras galegas, Bregh, Cuala, Cuaionge, Blad, Fuad, Muirthemne, Eble, Nar, Ith e Bíle, este último pai de Míl (formará os Milesios que conquistarán Irlanda) e Golamh (que parte cara Scitia, pobo natal dos seus devanceiros). A Brigantia da lenda irlandesa, situada na Península Ibérica, sería identificada coa cidade de A Coruña, de modo que a Torre de Breogán non sería outra que a Torre de Hércules, reconstruída en época dos romanos.
Aquí retomase a historia dos gaélicos, a partir do libro segundo. Ith, fillo de Breogán, que avistaba Irlanda dende a Torre de Breogán, viaxa a Irlanda para coñecer o seu descubrimento. É benvido polos reis, que estaban en disputa polas súas terras, e con unha artimaña consegue que lle cedan o poder, pero nobres envexosos mátano e o seu cadáver é enviado a Galicia. Os Milesios, exército comandado polo fillo de seu sobriño Míl Espáine, planean súa vinganza e inician a conquista da illa. Ao chegar a Irlanda, encamíñanse a Tara onde está a Corte, a reclamar a coroa. No camiño encóntranse con Banba, Fodla e Ériu, tres mulleres (ou deusas segundo a lenda) que eran as tres raíñas co-rexentes daquelas terras. Cada unha das mulleres da sucesivamente a benvida aos milesios, e lles din que o seu nome é aquel polo cal se coñece a aquela terra, e pregúntanse se sairán invictos da batalla. Un deles, o druída e poeta Amergin promételles que así será. En Tara son benvidos polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, quenes defenden a súa vontade de manter unido o reino. Decídese que Os Milesios deben volver ás súas naves e distanciarse a nove olas da costa, de maneira que os Tuatha Dé Danann podan mobilizar ao seu exército. Pero cando os milesios están a nove olas de distancia, os druídas dos Tuatha Dé Danann conxuran unha feroz tormenta. A flota milesia é afastada da costa pero Amergin consegue dispersar os ventos coa súa invocación á terra de Irlanda (coa coñecida como 'Canción de Amergin'). Das naves sobreviventes, as de Éber atracan en Inber Scéine (Kenmare River) no suroeste de Irlanda, mentres que as de Éremón atracan en Inber Colptha (na desembocadura do río Boyne). Nas dúas batallas en Sliabh Mis e Tailtiu, os Tuatha Dé Danann son derrotados. Son expulsados (a lenda conta que se retiraron ao mundo que existe baixo terra) e o señorío de Irlanda é divido entre Éber e Éremón, e finalmente integrado baixo o reinado único de Éremón.
Este proxecto foi iniciado en Marzo de 2014 por BuRZuM-iSHi (@burzumishi).
A partir do traballo realizado en Smaug 1.8b creado para Realms Of Despair por Thorin, escrito en linguaxe C# e liberado baxo licencia GNU GPL v2.
Podes contactar co noso equipo para reportar Incidencias en Kallaikia e tentaremos axudarte o mellor posible.